Friday 03 de May de 2024

O concello ofrécelle colaboración ao Sergas na posta en marcha do hospital de campaña en ExpoCoruña


 

A Xunta de Voceiros pasará a realizarse os martes, segundo acordaron esta mañá as e os representantes de todas as forzas políticas políticas
A alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Economía,
José Manuel Lage, informaron esta mañá na Xunta de Voceiros de todas as novas con
respecto á situación de emerxencia polo Covid-19, que estes días teñen como escenario a
habilitación por parte do Sergas dun hospital de campaña en ExpoCoruña.
A rexedora púxose ao dispor da Xunta para axudar e colaborar na posta en marcha desta
infraestrutura como un novo punto asistencial ás persoas enfermas e recibiu o apoio do
resto de representantes das forzas políticas, ás que informou de todo canto se está a facer
para que o CHUAC teña un apéndice nestas instalacións municipais.
Rey agradeceu o clima construtivo destas reunións, que pasarán a desenvolverse os
martes, de acordo co que decidiron o conxunto de edís. Ademais, os responsables do
Goberno local recolleron, como vén sendo habitual, as propostas das e dos voceiros, co fin
de mellorar a cobertura que o concello lle está a dar á cidadanía nesta crise.